CASTILLO AVOGADOS

Despacho de avogados especializado en dereito de familia

Isabel Castillo comezou a dedicarse ó Dereito de Familia de forma paralela á aprobación da primeira lei do divorcio no ano 81; dende entón, converteuse na súa principal área de actividade profesional.

Consciente da especial necesidade dunha constante formación lexislativa, xurisprudencial e doutrinal, participa regularmente en xornadas e cursos relativos ao seu eido de traballo e impartiu clases de dereito de familia na Escola de Práctica Xurídica de Santiago.

A vontade do seu equipo é prestar un asesoramento que, por afectar a un ámbito tan íntimo como é o familiar, xunte a profesionalidade e a proximidade no trato co cliente, dando unha resposta individualizada para cada conflito que se presente.

Asociada nº 1482 da AEFA

Participacións en cursos

  • Xornadas sobre a Liquidación da Sociedade de Gananciais celebrada os días 21 e 22 de maio de 1998 en A Coruña.
  • Xornadas sobre os procedementos de Familia na nova Lei de Axuizamento Civil celebradas os día 22 e 23 de setembro do 2000 en A Coruña.

  • Xornada sobre a proba na nova Lei de Axuizamento Civil celebrada o día 4 de maio de 2001 en A Coruña.
  • Xornadas sobre Mediación os días 17 e 18 de abril de 2008.
  • XVI Congreso de Dereito de Familia celebrado en Sevilla os días 29 e 30 de setembro de 2011.

  • XVII Congreso de Dereito de Familia celebrado en Sevilla os días 27 e 28 de setembro de 2012.

  • Xornadas de Dereito de Familia celebradas en Santander os días 29 e 30 de maio de 2014.

  • V Xornadas de Dereito de Familia de A Coruña os días 7 e 8 de febreiro de 2020.
  • Xornadas de Dereito de Familia organizadas polo ICA Santiago os días 15 e 19 de novembro de 2020.
  • Curso de alta especialización en Dereito de Familia organizadas pola Escola de Práctica Xurídica da Universidade Complutense de Madrid en colaboración coa AEAFA, desde febreiro a xuño de 2021.
  • Curso de atención xuirídica a víctimas de violencia de xénero do Consello de Avogacía Galega en setembro de 2021.
  • Xornadas sobre a Ley 8/2021 de apoio ás persoas con discapacidade organizadas polo ICA Santiago en novembro de 2021.
  • XIII Xornadas de Dereito de Familia de Bilbao os días 14 e 15 de novembro de 2024.
  • IX Xornadas de Dereito de Familia de A Coruña os días 4 e 5 de abril de 2025.

Que pensan de nós